jueves, 12 de abril de 2018

As pizzas chegan ao cole!

O pasado xoves día 5 recibimos a visita do pai de Carolina de 4º de EI, que traballa nunha pizzaría e veu contarnos un pouquiño como é o seu día a día facendo riquísimas pizzas para os seus clientes!

Como non podía ser doutro xeito, a case todos os nosos pequen@s superheroes e superheroínas encántalles este alimento, así que aproveitamos a motivación para aprender cómo é a masa, cales son os seus ingredientes, cómo podemos traballala antes de metela no forno...



Despois puxémonos mans á obra,

e fixemos unha bola ben redondiña coa masa...





Cando a tivemos lista, esmagámola enriba do papel para comezar a darlle forma.







Para rematar empregamos os rodetes para deixar perfectas as nosas masas de pizza!













E tchannn!!! Pizzas lista para meter no forno!

Moitas grazas por esta fantástica experiencia! Xa somos expertos pizzeir@s! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario